xoves, 28 de novembro de 2019

ANÁLISE ANUNCIO






Análise da imaxe publicitaria:
Guía resumida para a análise



1 ANÁLISE OBXECTIVA: 
Descrición dos elementos que compoñen o anuncio (escenario,
personaxes, obxectos, etc.)
MARCA
PRODUTO
MEDIO QUE O DIFUNDE
ELEMENTOS DA MENSAXE PUBLICITARIA
TEXTO
-  Slogan. Figuras literarias.
- Corpo do texto.
- Tipo e tamaño de letra.


IMAXE
- Formato.
- Procedementos, técnicas e recursos expresivos (retórica da imaxe)
- Elementos que configuran a imaxe:
  Puntos, liñas e formas
 Textura
 A luz, clases e direccións
 Cor
Encadre: escala e  angulación
 Composición: tipos de composición, centros de interese, relación figura fondo….

FUNCIÓN: Identificar que función ou funcións cumpre aplicadas ao anuncio:
- De información
- Persuasión
- Económica
-  Desproblematizadora (de rol, de seguridade)
- Estética


2. ANÁLISE SUBXECTIVA. INTERPRETACIÓN.
INTENCIÓNS COMUNICATIVAS. MANIPULACIÓN
INTENCIÓN DO  SLOGAN
MOTIVACIÓNS. (benestar, amizade, aventura, sexo, recoñecemento social…)
SIGNIFICADO DA IMAXE (Explicación das razóns posibles que xustifiquen o tipo de imaxe,
composición, a cor, etc)
RELACIÓN ENTRE A IMAXE E O TEXTO
GRAOS DE SIGNIFICACIÓN DA IMAXE ( Iconicidad,  monosémia, orixinalidade,
simplicidade….)
PERFIL DO CONSUMIDOR


FONTE:VER 

sábado, 23 de novembro de 2019

JAKE as violencias machistas




E aquí estamos, no IES María Soliño preparando o #25N , nas fotos o alumnado de cultura Audiovisual montando unha exposición aberta a quen queira vir a visitarnos , (terá a súa réplica no auditorio de Cangas) e unha performance asociado na que participarán os departamentos de lingua e literatura poñéndolle un título a cada imaxe #galiciaennegro #ennegro2019#contraasviolencias #somosARTEnoMorrazo

#continuará.....














xoves, 21 de novembro de 2019

EXERCICIOS PARA ENTREGAR 2 BACH-1 evaluación

EXERCICIOS PARA ENTREGAR OCTUBRE- 25 de NOVEMBRO
  • Paredoilas ( 4 FOTOS MÍNIMO) entregado
  • PDF/PDF Fotógrafos ( 4 FOTOS MÍNIMO) entregado
  • Poesía Visual , “JAKE” ás VIOLENCIAS MACHISTAS ( 4 FOTOS MÍNIMO) UNHA IMPRESA E MONTADA EN CARTOLINA Data de entrega límite 25 de Novembro.
  • Exercicio  " estereotipos de xénero " .realizarase  nunha presentación en PDF ou en word , tres exemplos comentados e reinterpretación, ver ligazón https://somoscinenomorrazo.blogspot.com/2019/11/exercicio-sobre-os-estereotipos-de.html Data de entrega límite 27 de Novembro.
  • Lectura da Imaxe ( 2 EXERCICIOS ) data límite 25 de novembro
  • PARA SUBIR NOTA :PLANO SECUENCIA, TITORIAL, VIDEOCLIP ( de 0,5 a 2) límite de entrega 9 de decembro
  • ENTREGAR no EXAME os APUNTAMENTOS .
  • Montaxe filmora 9 decembro (deixo o luns 2 decembro, traer planos )
  • Anuncio INSTITUCIONAL ou de ONG (PENDENTE EXPLICACIÓN )
No DRIVE deben estar os exercicios coa súa etiqueta , identificados por tarefas .

domingo, 17 de novembro de 2019

NOVEMBRO TRABALLOS


NOVEMBRO PLANO SECUENCIA: SUBIR O DRIVE e engadir ao final do vídeo o nome dos autores e autoras, data limite ( xa pasou), pero podedes entregar os que faltan ata o mércores 20 . GUIÓN LITERARIO - PRESENTAR EN WORD NO DRIVE E IMPRESO ( recursos ) , DATA DE ENTREGA 26, 27 e 28 DE NOVEMBRO . Teremos algún traballo máis , pero estes son os confirmados . Os traballos non entregados no anterior mes , estarían suspensos ( importante subilos ao blogue , aínda que sexa en forma de ligazón ao cartafol do DRIVE ), falar comigo para recuperar .

luns, 11 de novembro de 2019

DRIVE CULTURA AUDIOVISUAL 1BACH


  • ENLACE  A CARPETA DE DRIVE 1 BACH
 GRUPO A 

https://drive.google.com/drive/folders/1zgNpPkS_72QMtBAL74azMSwKukpuQwe8?
usp=sharing

  • ENLACE A CARPETA DE DRIVE PARA 1 BACH
GRUPO B 
   https://drive.google.com/open?id=1-94vCuVmsE3vpDhPIZiM4F5P2oQM9-bF

  • Crea un cartafol individual co teu nome e apelidos, no cartafol sube os traballos que pensas expoñer debidamente etiquetados co nome e o primeiro apelido (os que non queiras expoñer non os etiquetes para diferencialos)

Como cambiar o nome do cartafol



domingo, 10 de novembro de 2019

EXERCICIO SOBRE Os ESTEREOTIPOS de XÉNERO




LER 
  1. https://www.consejoaudiovisualdeandalucia.es/sites/default/files/informe/pdf/1607/informe_estereotipos_de_genero_en_publicidad.pdf
  2. http://www.juntadeandalucia.es/institutodelamujer/index.php/observatorio-andaluz-de-publicidad-no-sexista


“Asemblea Xeral das Nacións Unidas”  dí ;   “Os estereotipos de xénero  constitúen discriminación contra a muller , á vez que establecen un curso de acción para eliminar a discriminación en todas as súas formas co fin de garantir a igualdade das mulleres, tratar ás mulleres en función de xeneralizacións restritivas en lugar das súas necesidades, capacidades e circunstancias individuais, négalles os seus dereitos humanos e liberdades fundamentais

  • Analiza críticamente polo menos tres anuncios con perspectiva de xénero . ( poden ser foto ou vídeo).

  1. Determina cales son os estereotipos e roles sexistas que estes anuncios asignan aos homes e ás mulleres.
  2. O exercicio realizarase nunha presentación en PDF/PDF que se subirá ao drive coa etiqueta " estereotipos" .
  3. Crea un CONTRANUNCIO , unha foto crítica á mensaxe publicitaria escollida , modifica a imaxe e a súa mensaxe, buscando que esta mensaxe sexa contrario ao orixinal . Podes crear unha fotomontaxe ( sempre que a imaxe estea libre de dereitos), valorarase positivamente que a imaxe sexa de creación propia . Ademais de incluíla no PDF , entregarémola impresa en DINA4 , montada en cartolina ou branca ou negra (con 5 centímetros de marxe ) etiquetada co nome da autora ou autor a data indicada en clases http://eenube.com/index.php/diseno-grafico/17-como-hacer-fotomontajes-en-gimp

  • VER: https://verne.elpais.com/verne/2018/01/20/articulo/1516448145_892951.html
Ademais do visto en clases (Yolanda Domínguez, Celeste Barber) , póñovos como exemplo contido sobre este fotógrafo Eli Rezkallah que recrea esta imaxe e outras similares cun xiro que tenta ser cómico e ao mesmo tempo reivindicativo: investindo nelas os roles de xénero.



ANALISIS ANUNCIO






venres, 1 de novembro de 2019

EDITORES DE VÍDEO PARA ANDROID (APPS RECOMENDADAS)

Estas son as miñas recomendacións despois de baixarme case todas as APPS gratuítas de ANDROID,( para IOS o IMOVIE segue sendo o rei).

POWER DIRECTOR
Gratuita con limitacións ,  ten unha pequena marca de auga e exporta en 720.
En contra para comprala é por subscrición.
Vantaxes: permite manipular o audio en varias capas, un editor moi parecido á súa versión de computador, con moitas posibilidades.

FILMORA.  
Tamén con versión de pago e gratuíta
O logo sae ao final, o que nos permite aproveitar as partes sen marca de auga, exporta en hd na súa versión gratuíta.

YOU CUT 
Doulle un 10, comparte en 1080 , manipulación de son e voz en off. Ten tres capas de audio, de sinxelo manexo e moi intuitivo, rápido ao exportar e sen marca de auga.

Anímovos a facer un titorial, analizando editores de vídeo gratuítos cos seus pros e contras, (o exercicio sobe a nota do 0, 5 ao 2 na primeira avaliación).