EDITORES DE VÍDEO PARA ANDROID (APPS RECOMENDADAS)

Estas son as miñas recomendacións despois de baixarme case todas as APPS gratuítas de ANDROID,( para IOS o IMOVIE segue sendo o rei).

POWER DIRECTOR
Gratuita con limitacións ,  ten unha pequena marca de auga e exporta en 720.
En contra para comprala é por subscrición.
Vantaxes: permite manipular o audio en varias capas, un editor moi parecido á súa versión de computador, con moitas posibilidades.

FILMORA.  
Tamén con versión de pago e gratuíta
O logo sae ao final, o que nos permite aproveitar as partes sen marca de auga, exporta en hd na súa versión gratuíta.

YOU CUT 
Doulle un 10, comparte en 1080 , manipulación de son e voz en off. Ten tres capas de audio, de sinxelo manexo e moi intuitivo, rápido ao exportar e sen marca de auga.

Anímovos a facer un titorial, analizando editores de vídeo gratuítos cos seus pros e contras, (o exercicio sobe a nota do 0, 5 ao 2 na primeira avaliación).





Comentarios

Publicacións populares