JAKE ás VIOLENCIAS MACHISTAS

JAKE ás VIOLENCIAS MACHISTAS , poesía visual contra as violencias machistas.
Chema Madoz é un dos nosos maiores representantes da Fotografía contemporánea , o seu traballo baséase na metáfora e a poesía visual , aquí queda o documental desta mañá completo .





A por este novo reto ARTISTAS ¡¡.  Transformade o cotián en poesía .

 Tedes dúas semanas a partir de hoxe, data de subida á rede (semana do 28, 29 e 30 de outubro).
Para documentarvos un pouco máis sobre o tema que tedes que traballar(as violencias machistas) aquí quedan estas ligazóns .

Pepa e Pepe por Ramón Besonias :https://mejordibujamelo.wordpress.com/2018/06/26/historia-de-pepa-y-pepe-la-violencia-de-genero-en-la-adolescencia/


Vídeo viral dunha campaña Noruega chamada “Querido papá” sobre o perigo de cruzar a delgada liña dos micromachismos .

Querido papá. Campaña de Care Norway (en galego) from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.


E esta curta que gañou o Roel de Ouro do Festival de Curtametraxes de Medina del Campo, o Premio do Festival de Elche, finalista en Cannes e nos Goya. “El orden de las cosas". Unha curtametraxe poética e surrealista, cunha marabillosa fotografía que trata a violencia de xénero desde a metáfora , para reflexionar . 
Boa fin de semana a todxs .

Comentarios

Publicacións populares